Sunday 08 de September de 2024

Atropelo con feridos no casco urbano do Concello de Arzúa


Os bombeiros do parque Comarcal Provincial de Arzúa interviñeron pasadas as 13:30 horas deste mediodía nun accidente causado por un atropelo na N-547, á altura do casco urbano do Concello de Arzúa.

Na incidencia, acontecida na rúa de Santiago, víronse involucrados un turismo que atropelou a un peón, resultando feridos. Debido ao accidente a estrada tivo que ser cortada, sendo labor dos bombeiros a limpeza da vía.